Plans alternativos para celebrar o día do pai na casa

Plans alternativos para celebrar o día do pai na casa
Xa que nos atopamos nun periodo de corentena hai que buscar actividades para celebrar este día tan especial, porque non toda a diversión está fóra

Celebrar o Día do Pai na casa non é sinxelo, pero o coronavirus fará que todos quedemos na casa este ano.

Resulta unha mágoa celebralo na casa. Todos sabemos que Galiza é un lugar máxico e que sempre hai recunchos que visitar pero desta vez non será posíbel polo coronavirus.

Aínda así, recoñezámolo, moitas veces precisamos un intre coa familia e por iso agasallámoste cunhas ideas para celebrar o Día do Pai na casa.

Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse

Prepara o seu prato favorito

Se as galegas e galegos destacamos en algo, é na gastronomía tan boa que temos. Con moito agarimo, cociñarlle un prato favorito será do máis divertido se o convertes nunha actividade familiar.

Quen mellor que o protagonista do día para escoller o prato? Todos sabemos que onde se poña un polbo con cachelos ou un bo cocido, fóra todo o demáis. Confía, que escollerá ben!

Compartir uns intres na cociña sempre beneficia a todos. As máis cativas demostran todo o que saben, ademáis de probar alimentos novos.

Día de xogos

Para unha nai ou pai non hai nada mellor ca risa da súa filla ou fillo. Cal é a mellor maneira de facer rir unha nena? Pois a resposta é sinxela, non parar de xogar.

A rutina moitas veces non permite a nais e pais gozar tanto de intres coas máis pequenas da casa. Por iso, o Día do Pai é un bo momento para conectar con elas e partillar moito todas xuntas.

Que xogos son os máis adecuados?

Calquera xogo compartido é bo, desde xogos de mesa, de construción, debuxos, quebracabezas, o agocho… Non hai oco para o aburrimento! 

5 cociñeiras e cociñeiros galegos na cima da gastronomía

Artes plásticas

Unha das maneiras máis entretidas de pasar o tempo na casa é esta. Require un pouco de paciencia e creatividade por parte de todas e todos pero é un plan incríbel para gozar do Día do Pai.

É unha actividade que se pode adicar aos pais, así pódense elaborar proxectos con temas relacionados cos seus gustos. Hai unha chea de ideas!

Cinema

Cal é a película favorita?

Aproveitar o Día do Pai na casa para encherse de cultura é un plan case obrigado.

Películas ou series en galego clásicas ou das máis actuais son boas opcións para compartir.

Xa sabes o que tedes que facer, flocos de millo, apagar as luces e asentarse no salón... A gozar!

Contos

Calquera día é bo para ler un conto ou botar un conto. Pasar o Día do Pai na casa é unha boa oportuidade para educar as máis pequenas cos libros. Ler contos sobre nais e pais, a maternidade e paternidade, ou os diferentes tipos de familia sempre é boa opción.

Un bo conto tamén é contarlles ás fillas e fillos anécdotas relacionadas cos pais ou cos avós. Un conto da historia familiar.

5 pratos tradicionais galegos para gozar en inverno

Xincanas 

Se o seu son os retos, o Día do Pai na casa é unha boa oportunidade para amosar as súas poderosas habilidades.

Os máis cativos pasarano en grande con esta actividade. Podes facer misións, facer carreiras de obstáculos, probas en grupo e probas de habilidade. Mesmo pode sacar a súa vea de detetive e descifrar diferentes mensaxes seguindo as pistas.

Como podes ver, o feito de estar de corentena polo coronavirus non implica que non podamos pasar unha estipenda xornada na casa.

E, lembra, calquer día do ano é bo pasar tempo todas xuntas, nunca está de máis lembrar o que é importante na vida.