Un plan secreto para reunificar Galiza e Portugal, no centro do suplemento 'Coñecer'

O caderno 'Coñecer' trata de historia, cultura, patrimonio...
A análise dun plan para a reunificación do reino da Galiza e do de Portugal chega acompañada -entre outros moitos contidos- por unha entrevista ao historiador Dionisio Pereira ou polas reflexións de Miguel Anxo Rodríguez arredor da retirada de estatuas.

Non foron poucos os plans para facer desaparecer a fronteira da Raia ao longo do tempo. A súa orixe remóntase á Idade Media, cando o daquela o feudo máis influínte do sur do reino da Galiza, o condado de Portucale, virou nun reino independente.

Os pasos para a unión

Tirando do fío do tempo remontámonos aos inicios desta liña divisoria que traza o Miño, a uns tempos nos que a coroa portuguesa e parte da nobreza galega ambicionaban unha Galiza e un Portugal unidos.

Despois de que a princesa Xoana de Castela e o seu marido, Afonso V de Portugal, reclamasen en 1476 o reino da Galiza, sen éxito, os Reis Católicos perseguiron aos nobres galegos simpatizantes dos veciños lusos.

A sintonía política chegou a un anónimo autor francés, que recolleu nunha publicación os pasos precisos para que o monarca portugués gañase Galiza para sempre. A súa confianza radicaba na unidade xeográfica, étnica e mais lingüística entre os dous pobos, mais tamén na burla e desprezo que españois profesaban aos galegos.

30.000 peregrinos

Para o éxito da empresa, o autor francés calculou en 30.000 os peregrinos a soldo que o rei portugués debía introducir na Galiza. Estes, coa axuda dos galegos sen afecto por Madrid, distribuiríanse nas frontes de Salvaterra, Lugo-Ourense e Padrón-Pontevedra-Compostela. O plan, que aseguraba infalíbel, ficou no papel.

(Podes ler o artigo íntegro 'Un plan secreto para reunificar Galiza e Portugal'  no suplemento Coñecer, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as terzas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja)

Ademais, neste número a A. C. Ferrolterra Antiga debulla a figura do escritor e historiador galego Benito Vicetto Pérez; percorremos a vía Künig, unha alternativa do Camiño de Compostela a través dos Ancares; Miguel Anxo Rodríguez afonda no debate arredor da retirada de estatuas e entrevistamos ao historiador Dionisio Pereira.

Suplementos diarios de carácter temático

Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.