Piden o “rescate” do servizo de asistencia sanitaria extrahospitalaria, “en mans de empresas privadas”

Ambulancia (Arxina)

Así o expoñen persoal técnico en Emerxencias Sanitarias (TES) e tamén persoal xestor de Emerxencias (XES) nunha carta aos grupos parlamentares.

O rescate para o público de servizos extra hospitalarios que actualmente están a prestar empresas privadas en concesión pola Xunta de Galiza.

Esta é a demanda que se fai desde Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias nun escrito remitidos aos grupos parlamentares para pedir una xuntanza con eles.

“Tanto os profesionais sanitarios TES que estamos presentes en todas as ambulancias, que realizamos o noso traballo no Transporte Sanitario Extrahospitalario (Servizo Urxente para o 061 e Servizo Programado non urxente para o SERGAS/hospitais), como os XES (Teleoperadores, Locutores) das Centrais do 112 e do 061, somos profesionais que sufrimos maioritariamente tanto malas condicións laborais, como escaseza de material, incumprimentos do Convenio Colectivo, etc., xa que o servizo público que realizamos está en mans de empresas privadas, polas concesións da Administración Pública a empresas que teñen sempre como primeiro obxectivo os seus beneficios económicos”.

Por iso, explican, “ cremos que xa é o momento de dar con firmeza un paso adiante e facer público este servizo esencial”.

 Este persoal afirman que hai autonomías “que están revertendo a público estes servizos. E outras empezan a preparar este cambio que beneficiará á cidadanía e evitará as precariedades tanto na atención e asistencia á cidadanía como a laboral dos 2.800 profesionais que o realizamos na Galiza”.