Perto dun cento de persoas en corentena no Barbanza polo rebrote

Test coronavirus (Europa Press)

Mantéñense 9 positivos, tras 74 PCR negativas e 8 pendentes de resultado.

O foco con nove casos positivos de COVID-19 na comarca do Barbanza mantense sen cambios tras obter 74 PCR negativo entre contactos identificados, mentres oito probas están pendentes de resultado.

Así  informou a Europa Press fontes da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, que destacaron que obtiveron resultado negativo na PCR realizada a 74 "contactos identificados" do caso inicial.

De feito, a plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica detectou esta fin de semana a aparición de nove casos positivos de coronavirus con posíbel orixe nun caso importado de Brasil que chegou a Galiza a principios de xuño.

Os datos facilitados pola Consellaría de Sanidade apontan a un foco importado, localizan a súa orixe na chegada dun home desde Brasil a Porto. Chegou a Galiza cando aínda non se levantara o estado de alarma.

O home chegou co virus, pero estaba asintomático. Segundo o equipo sanitario preventivo, infectou a súa filla e ela, á súa vez, a amigos e compañeiros de traballo.