Perto de 600 hectáreas queimadas nestes días en Galiza

Imaxe: Irene Pin

A Xunta declarou o período de alto risco en incendios forestais mais o persoal de reforzo continúa sen sen contratado.

A Semana Santa deixou varios incendios forestais en Galiza, que calcinaron perto de 600 hectáreas, principalmente na provincia de Ourense mais tamén en Lugo, onda na noite deste domingo, día 16, extinguiuse un lume que arrasou 56 Has na parroquia de Vilaspasantes. Un inverno e unha primavera seca explican en boa medida que esteamos a padecer unha desestacionalización nos incendios.

A propia Xunta declarou período de alto risco de incendios forestais mais, como denunciaron nestes días desde a CIG, “non se activa ao persoal propio da administración destinado a este período”. Embora catalogar a administración galega a situación como alto risco, os traballadores de reforzo para as tempadas de alto risco, pertencentes ao persoal propio do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, "continúan sen seren contratados".

A Asociación de traballadores de incendios forestais de Galiza (Atrifoga), lembraba o pasado mes de febreiro que entre decembro e xaneiro houbo no noso país perto de 180 lumes forestais, dous terzas partes dos cales decorreron en Ourense. Certo é que se deu unha coxuntura especial: altas temperaturas, ausencia de chuvias, sequedade da biomasa vexetal e do chan... Porén, non é algo exclusivo deste inverno. Así, lembran en 2015 houbo tamén importantes lumes forestais no país. En moitos casos nas mesmas zonas onde tiveron lugar os de 2016. E, lembra Atrifoga, en anos anteriores tamén fóra da tempada de alto risco houbo importantes incendios, situación descoñecida anos atrás en Galiza. Dan dous exemplos: marzo de 2012 as Fragas do Eume, calcinando 800 hectáreas; e no mesmo mes lume no Courel que arrasou 230 Has. En decembro de 2013, un lume afectou 300 hectáreas na Serra do Xurés,