Trescentas persoas percorren Compostela en solidariedade cos presos independentistas

Foto: Ceivar

A VII Cadea Humana organizada polo colectivo anti-represivo Ceivar decorreu entre unha forte presenza de antidisturbios da Policía española.

Por volta de 300 persoas, entre 330 e 350, tomaron parte en Compostela na VII edición da Cadea Humana pola liberdade dos presos independentistas que percorreu as rúas da zona vella de Compostela. O acto, que anualmente organiza Ceivar, comezou con ducias de solidari@s rodeando a Praza de Galiza entre un forte despregamento da Policía española e faixas, cartaces e lemas contra a represión e de solidariedade cos e coas presas.

A seguir, as por volta de 300 persoas partiron en manifestación, en ringleira de a un e unidos polas mans, para percorrer o casco histórico da capital de Galiza en mostra de solidariedade para cos militantes independentistas presos baixo a acusación de pertenza a Resistencia Galega. O acto finalizou na Praza do Toural.