Dúas persoas mortas ao bater o Alvia Ferrol-Madrid contra un coche en Zamora

O sinistro sucedeu ao caer un vehículo desde unha ponte ás vías do tren, segundo apontan desde Emerxencias 112 de Castela-León.

Dúas persoas mortas e 6 feridas no descarrilamento en La Hiniesta (Zamora) do tren que fai o `percorrido Ferrol-Madrid após colisionar contra un vehículo, cuxo conductor faleceu. As primeiras informacións apontaban que o tren tiña procedencia en Madrid mais esta era a súa estación de destino.

Os falecidos son o conductor do vehículo e un dos maquinistas

Varias chamadas recibidas polo 112 indican que a locomotora descarrilou e os dous maquinistas  ficaron atrapados nun primeiro momento, sendo excarcerados e trasladados a un hospital. Un deles faceleu posteriormente, como confirmaron Emerxencias 12 de Castela-León. Tratábase do coruñés Álex Pedreira.

O resto das persoas que ocupaban o tren (180 viaxeiras) puideron saír polo seu propio pé dos vagóns.

O suceso produciuse uns minutos antes das 16.11 horas desta terza feira, cando un turismo caeu dun paso elevado cara á vía de alta velocidade Zamora-Galiza, á altura da base de alta velocidade La Hiniesta (Zamora).

Cinco persoas foron atenidas de feridas leves e contunsións, segundo os citados servizos de emerxencias.