Unha persoa falece en Crecente tras ser alcanzada por un tren

Estación de tren de Filgueira, en Crecente (Foto: Iago Pérez).

O suceso produciuse pasado o mediodía desta segunda feira á altura do lugar de Filgueira.

Unha persoa faleceu esta segunda feira tras ser alcanzada por un tren ao seu paso polo municipio de Crecente (comarca da Paradanta).

O suceso produciuse pasado o mediodía desta segunda feira á altura do lugar de Filgueira.

Segundo informou o 112 nas súas redes sociais, traballan na zona o 061, Adif, a Garda Civil, a Policía Local e os Bombeiros de Ponteareas.