Permanece activo un incendio que xa calcina máis de 30 hectáreas en Baleira

Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
Segundo informou a Consellaría do Medio Rural a través da conta de Twitter '@incendios085', o lume afecta a parroquia de Cubilledo.

Un incendio forestal permanece activo esta terza feira no municipio de Baleira (comarca da Fonsagrada).

Segundo informou a Consellaría do Medio Rural a través da conta de Twitter '@incendios085', o lume afecta a parroquia de Cubilledo.

As primeiras estimacións cifran en 30 as hectáreas xa arrasadas polas chamas.