Pérez Esquivel en ‘Diálogos desde a Periferia’

Pérez Esquivel

Esta cuarta feira o Premio Nobel da Paz participa no encontro organizado pola Fundación Galiza Sempre.

A Fundación Galiza Sempre organiza un novo encontro dentro do ciclo ‘Diálogos desde a Periferia’, acto que se desenvolverá esta cuarta feira, día 16 e no que baixo o título ‘América Latina após o COVID-19’ estará o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel.

Esquivel fará un repaso da situación actual de América Latina e dos retos que ten pendentes a esquerda no panorama após a COVID-19.

O acto poderá seguirse a través da páxina de Facebook da Fundación Galiza Sempre a partir das 20:00 horas e haberá unha quenda final de preguntas do público.

Pérez Esquivel é un escritor e activista polos dereitos humanos arxentino. Fundador do xornal Paz e Xustiza, un dos símbolos do movemento pacifista e en defensa dos dereitos humanos na área de influencia latinoamericana. Viaxou polo mundo deseñando programas de axuda e desenvolvemento para as comunidades indíxenas latinoamericanas.

Nos anos 70 sufriu a represión da dictadura arxentina de Videla e a prisión. En 1980 recibiu o Premio Nobel da Paz e posteriormente foi designado membro do comité executivo da Asemblea Permanente das Nacións Unidas sobre Dereitos Humanos.