O modelo urbano do futuro

Peonalización: Virar as resistencias

[Imaxe: Concello de Pontevedra]

A experiencia, cando menos a máis recente, indica que os procesos de transformación do espazo urbano traen aparelladas fortes resistencias. Na Galiza hai varios exemplos, aínda que se cadra ningún tan ambicioso e tan significativo como o de Pontevedra. Hoxe, 18 anos despois, practicamente ninguén dubida do éxito que supuxo a todos os niveis. Escribimos sobre o reto de facer das vilas o lugar das e dos peóns no Sermos Galiza 264.

En plena Semana Europea da Mobilidade, que culmina a sexta feira 22 co Día sen Coches, son moitas as localidades galegas que se atopan inmersas no debate, máis ou menos avanzado, segundo os casos, sobre a humanización dos cascos urbanos. Non hai directriz ou recomendación dos organismos internacionais que poña en dúbida as virtudes destes procesos e só as reticencias iniciais do colectivo de comerciantes e de parte das persoas residentes dubidan da súa conveniencia ou do xeito de implementalos.

 

O urbanismo e a mobilidade sostíbel apóianse hoxe nuns fundamentos técnicos e científicos –a redución das emisións, por exemplo– resultantes dun amplo proceso de participación nos seus diversos campos –o medio ambiente, o xénero, a inclusión social e tamén a arquitectura–, así como nun completo catálogo de solucións para cada casuística. Mais hai quen se resiste. A enxeñeira e experta en Sostibilidade Urbana María Ramos achaca esta actitude belixerante por parte dalgúns colectivos a algo innato: “En xeral todos os seres vivos tendemos a ser conservadores co noso hábitat e os cambios, a priori, aínda que sexan para ben, producen inquietude. Temos as nosas rutinas moi estabelecidas e calquera mudanza suscita debates apaixonados como se nos fose a vida niso. É o normal”.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 264, á venda na loxa e nos quiosques habituais]