'Pensarmos': un foro para reflexionar sobre a realidade

Organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega , por el pasarán O filósofo e matemático Javier Echeverría, o xornalista Lluis Bassets ou a profesora e ensaísta Remedios Zafra, entre outros.

"Pensarmos” nace como un foro para a reflexión e o debate, unha proposta de charlas e intercambio de ideas que pretende abordar os problemas da actualidade. Nunha sociedade como a actual, marcada pola economía do efémero, que demanda respostas rápidas e simples antes problemas complexos, esta proposta do Consello da Cultura Galega pretende ser unha parada para a reflexión e para introducir temas como o feminismo, os fascismos, a verdade, a intimidade, a investigación, a precariedade ou o humanismo.


O foro comeza o 24 de xaneiro coa participación do filósofo Javier Echevarría. A cita está coordinada por Carme Adán e celebrarase a quinta feira de cada mes. Despois de Echevarría, pasarán por este foro Lluís Bassets (28 de febreiro), Garteh Williams (28 de marzo), Remedios Zafra (25 de abril) e Antonio Cuña (23 de maio). 

 

Javier Echeverría (Iruña, 1948) conversará coa coordinadora do ciclo, Carme Adán, nunha cita que se titula “Entre cavernas: tecnopersoas e tecnomundos”.  Echevarría é autor de 20 obras monográficas e coeditor de 26 libros, en español, francés e inglés. É membro da International Academy of Philosophy of Science. O seu ámbito de investigación céntrase no que bautizou como “Terceiro Entorno”, ese mundo que se constrúe a través de Internet. Crítico coa rede, fala da pouca conciencia das condicións reais, do “sometemento” ás regras do xogo impostas polas grandes empresas tecnolóxicas como Facebook ou Google e dun sistema “neofeudal” que cómpre democratizar.

 

'Pensarmos' está organizada pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.