Pechan unha escola infantil de Cambre após detectarse un caso de covid

Un grupo de escolares debuxan nunha aula nunha foto de arquivo. (Foto: Europa Press)
Trátase do segundo centro educativo clausurado pola pandemia desde o inicio de curso

A Consellería de Educación decretou o peche da escola infantil A Barcala do municipio de Cambre após detectarse un caso de coronavirus.

Trátase do segundo centro educativo clausurado pola pandemia desde o inicio de curso. Deste modo, a E.I. A Barcala súmase á tamén escola infantil A Xirandola , cuxo peche foi decretado a pasada sexta feira e mantense sete días despois.

Así figura no balance de casos de Covid-19 nas aulas galegas remitido esta sexta feira pola Consellería de Educación, que contabiliza, con datos acutalizados até a quinta feira, un total de 1.106 positivos nos centros educativos con 51 aulas pechadas e dous centros clausurados.

Así figura no balanzo de casos de Covid-19 nas aulas galegas remitido esta sexta feira pola Consellaría de Educación, que contabiliza, con datos acutalizados até onte, un total de 1.106 positivos nos centros educativos con 51 aulas pechadas e dous centros clausurados.

Deste modo, os casos activos volven experimentar unha caída até situarse nos 1.106, 41 menos dos que notificados no anterior balance. Con todo, o número de aulas en corentena sobe de novo e son xa 51, nove máis que fai 24.

O CEIP Fogar de Carballo mantense como o centro máis afectado pola pandemia aínda que encadea varios días de baixada no número de casos activos, que son nestes momentos 20, dous menos que na xornada anterior.