“Paz, amnistía e autodeterminación”: concentracións na Galiza de solidariedade con Catalunya

Esta sexta feira, 25 de outubro, nas sete cidades galegas.

Centos de persoas tomaron parte na Galiza nas concentracións convocadas o día en que se fixo pública a sentenza do Tribunal Supremo contra as líderes do 'procés' para rexeitar a condena de 100 anos de prisión ás independentistas. Esta sexta feira, 25 de outubro, volverá a haber concentracións en distintos puntos da Galiza en solidariedade co proceso catalán, convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya.

“Paz, amnistía e autodeterminación” é a palabra de orde destas concentracións “anti-represivas e solidarias” que decorrerán nas sete cidades galegas a partir das 20:00 horas.


Lugar e hora:

A Coruña; Obelisco, 21:00 horas

Vigo, Farola de Urzaiz, 20:00 horas

Ourense, Subdelegación do Goberno, 20:00 horas

Pontevedra, Praza da Peregrina, 20:00 horas

Compostela, Praza do Toural, 20:00 horas

Lugo, Praza Maior, 20:00 horas

Ferrol, Praza Amada García, 20:00 horas