Paróns  estudantís e concentracións baixo o lema “Lume, NUNCA MÁIS” esta segunda feira

lumes2

A indignación e a raiba provocada pola vaga de lumes dos últimos días e diante da manifesta insuficiencia dos medios de extinción, materializarase en mobilizacións sociais esta mesma segunda feira. Á mañá nos centros de ensino e Universidade, e á tarde nas principais vilas e cidades.

Erguer – Estudantes da Galiza, convoca “paróns” en todas as aulas de Galiza, tanto de institutos de secundaria como de facultades, ás 12 da mañá desta segunda feira. Unha convocatoria que a organización estudantil enfoca “contra a incompetencia do PP que non protexe os nosos montes”. Erguer xa demandou publicamente a demisión do presidente Alberto Núñez Feijóo, reivindicando que “un goberno galego que non permita que os nosos montes sexan queimados por intereses económicos”.

Para a tarde, diversas organizacións impulsaron a convocatoria de concentracións sob o lema “Lume, NUNCA MÁIS. O noso monte importa”. Todas realizaranse ás 20h. Polo momento están confirmados os seguintes lugares:

  • Ourense, Casa do Chocolate.
  • Vigo, diante do MARCO.
  • A Coruña, Obelisco.
  • Compostela, Praza do Toural.
  • Lugo, edificio da Xunta.
  • Pontevedra, Praza da Peregrina.
  • Ferrol, Praza de Amada García.
  • Cangas, Praza do Concello.
  • Monforte, Praza de España.
  • Ribeira, Praza do Concello.
  • Cambados, Praza do Concello.
  • Lalín, Praza de Lóriga.
  • As Pontes, diante do Concello.
  • O Carballiño, Praza Maior.
  • Ribadavia. Praza Maior
  • Rianxo. Praza de Padrón (Na Ribeira, cabo da estatua da Rianxeira)
  • Betanzos. Praza do Concello
  • Ponferrada. Praza do Concello
  • Barcelona. Plaça Sant Jaume
  • Girona. Plaça del Vi
  • Madrid. Porta do Sol
  • No Barco a concentración celebrarase ás 19h diante do Concello.

A lista vai en aumento. Máis información aquí

O BNG, En Marea e a CIG, xa expresaron publicamente a súa adhesión ás convocatorias.