Manipulación informativa

O Parlamento debaterá a reprobación do director xeral da CRTVG

O BNG defendera na Cámara galega unha proposición non de lei  para que esta “acorde por resolución a reprobación do director xeral da CRTVG".

A deputada do BNG, Olalla Rodil, anunciou que defendera no Parlamento unha proposición non de lei  para que a Cámara galega “acorde por resolución a reprobación do director xeral da CRTVG pola continua manipulación informativa e  vulneración dos principios de pluralidade, veracidade, independencia e obxectividade dos contidos informativos que deben rexer nos medios audiovisuais públicos de Galiza.”

 

A parlamentaria e portavoz do BNG na comisión de control da indica que a dimisión como presentadores do Telexornal 2 de dous xornalistas da TVG como mostra do seu desacordo coa liña informativa e por razóns profesionais son unha pinga máis nas denuncias deste tipo que levan realizándose nestes anos.

 

Desde o cadro de persoal da CRTVG e  organizacións sindicais que   representan a todos os traballadores e traballadoras da compañía, demandan desde hai tempo a aprobación do Estatuto profesional (artigo 36) e a creación do Consello de informativos previsto na Lei 9/2011 de medios audiovisuais públicos de Galiza.

 

 

Nos últimos anos, reitera Rodil, sucédense as denuncias por “manipulación informativa, pola falta de pluralismo social, político e ideolóxico e polos incumprimentos reiterados da propia Lei de medios audiovisuais públicos así como pola  “deriva”, especialmente da televisión, que “non cumpre coas funcións que lle corresponden como difusora e promotora da cultura galega ou a súa contribución ao proceso de normalización da lingua galega, entre outras obrigas”.