"Palestina vencerá!": nova vaga de mobilizacións para hoxe en solidariedade co pobo palestino

Concentración en apoio a Palestina en Lugo (Foto: Nós Diario).
Decorrerán en 27 localidades, convocadas por Mar de Lumes, BDS, Galiza por Palestina e Jenin.

Esta segunda feira, 4 de decembro, volverá haber nas rúas e prazas da Galiza mobilizacións en solidariedade co pobo palestino e contra a agresión do Exército israelí. Convocadas novamente por Mar de Lumes, BDS, Galiza con Palestina e a asociación galaico-árabe Jenín, decorreran en case unha trintena de localidades baixo o lema Palestina vencerá.

Desde o inicio desta última agresión na Faixa de Gaza na Galiza decorreron varias manifestacións nacionais e ducias de concentracións a nivel local e comarcal, nunha mostra de solidariedade que leva prolongándose máis dun mes.

Os convocantes teñen sinalado ao longo destas semanas que "o pobo palestino necesita a solidariedade internacional. Neste sentido, o pobo galego ten un longo histórico de apoio á causa palestina, e nestas dúas semanas leva protagonizadas múltiples mobilizacións nos últimos tempos”.

Hora e lugar:

A Coruña, Obelisco, 20 horas
A Guarda, praza Avelino Vicente, 20 horas
Allariz, A Barreira, 20 horas
Betanzos, cantón de Claudino, 20 horas
Cangas, praza do Concello, 20 hpras
Carballo, praza do Concello, 20 horas
Compostela, praza Roxa, 20 horas
Corcubión, praza Castelao, 19 horas
Ferrol, praza do Concello, 20 horas
Foz, diante do Concello, 20 horas
Friol, na estatua da Muller Labrega, 20 horas
Lugo, diante do Concello, 20:30 horas
Monforte, praza de España, 20 horas
Noia, diante do Concello, 20:30 horas
O Carballiño, praza Maior, 20 horas
Ourense, subdelegación de Defensa, 20 horas
Pontedeume, praza do Concello, 20 horas
Pontevedra, praza da Peregrina, 20 horas
Redondela, praza do Concello, 20 horas
Ribeira, praza do Concello, 20 horas
Silleda, praza Siñor Afranio, 20:30 horas
Val Miñor, cruce da Ramallosa, 20 horas
Verín, praza do Concello, 20:30 horas
Vigo, A Farola, 20 horas
Vilagarcía, praza de Galiza, 20 horas
Viveiro, praza Maior, 20 horas
Xinzo, praza dos Ovos, 20 horas