Os pais de Andrea logran finalmente o dereito da súa filla a unha morte digna

O Hospital Universitario de Compostela retirará o soporte vital a esta nena de 12 anos cunha enfermidade irreversíbel e procederá a sedala.

O Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) vai retirar o soporte vital a Andrea, a nena de Noia de 12 anos que padece unha enfermidade dexenarativa rara e irreversíbel e para a que os pais piden unha morte digna.

Os profesionais do CHUS procedetrán nas vindeiras horas a sedar a esta rapaza, nunha acción dirixida a garantir a súa morte digna. Nesta segunda feira os pais de Andrea mantiveron unha xuntanza co xuíz de Compostela para analizar a situación da súa filla. O maxistrado tiña no seu poder o informe de especialistas do Instituto de Medicina Legal de Galiza, o historial clínico completo da menor; o informe del Comité de Ética Asistencial do hospital e outro do xefe de Pediatría.

Estela Ordóñez e Antonio Lago, pais de Andrea, presentaron a pasada sexta feira no Xulgado unha solicitude na que requerían que a súa filla se lle retirase a alimentación artificial para que tivese unha morte digna. Andrea ten unha enfermidade rara, dexenerativa, irreversíbel e sen diagnóstico firme que a mantén ingresada no CHUS. Na actualidade esta rapaza afronta unha "desnutrición calórico-proteica importante" e o seu corpo xa nin tolera a alimentación artificial. 

Avogado

O avogado da familia recoñeceu perante os medios que descoñecía a razón exacta pola cal a equipa médica rectificaba a súa postura inicial, mais apontou a que entendía que podía estar motivada pola mediación do maxistrado do Xulgado número 6 de Compostela, Roberto Soto.