Pacientes e usuarias do CHUS denuncian “vulneración da legalidade” nas listas de espera

CHUS

Aprazan até 2020 peticións facultativas de probas que non deberían demorarse máis de 3 meses. A Xerencia nega a veracidade desas denuncias.

A Asociación de pacientes e usuarios do Hpspital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) afirman que a xerencia está “vulnerando a legalidade vixente” en materia de listas de espera. “Fecha ilegalmente as axendas e demora as citas de pacientes solicitadas polos facultativos en ano e medio”, denuncian.

 

Esta asociación di ter constancias de casos nos que se está dando cita con demoras superiores a un ano a pesar da recomendación do facultativo. “En concreto, a unha paciente de oncoxinecoloxía que tamén debe realizar unha ecografía de útero a cita déuselle, en maio de 2018, para outubro de 2019”.

 

O peche de axendas como procedemento de organización ordinario das listas de espera non está permitido polo ordenamento xurídico, explica a asociación, porque isto afecta “á saúde dos pacientes, ás súas expectativas de curación e ao principio de certeza nos tempos de tratamento”.

 

Xerencia

 

A Xerencia sanitaria de Santiago afirma a través dun comunicado que "cumpre estrictamente coa legalidade e a demora real para unha primeira cita de xinecoloxía, que hoxe é de 29 días de media".

As citas de xinecología denunciadas pola asociación non son reais, afirma, pois serán revisadas e adiantadas. "Debido a un problema organizativo das axendas as citas novas saen automaticamente para unha data moi afastada da que será finalmente".