Pablo Hasel está encerrado no reitorado da Universidade de Lleida para evitar a detención

Pablo Hasel (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).

O rapeiro, que ten que cumprir case tres anos de prisión, pechouse con membros do seu grupo de apoio.

O rapeiro de Pablo Hasel está encerrado, ca nda un grupo de solidarios, bo reitorado da Universidade de Lleida. Con esta acción, quere evitar a súa detención e prisión por dúas penas que suman case tres anos. "Todos ao reitorado", reivindicou o grupo de apoio a través das redes sociais.

A sexta feira pasada expirou o prazo para que o rapeiro ingresase voluntariamente en prisión. "Estou encerrado con varios solidarios na Universidade de Lleida, terán que rebentala para determe e encerrarme", tuiteou Hasel desde o interior do reitorado.