Ourense e Leiro, líderes da calor na Galiza, con case 38 e 37 grados

Bañistas na ribeira do río Miño en Lugo (Carlos Castro/EP)

Esta terza será tamén xornada de altas temperaturas.

A cidade de Ourense, con 36,8 graos centígrados, e a localidade de Leiro, na comarca do Ribeiro, con 36,7ºC, rexistraron a temperatura máxima en Galicia na xornada desta segunda feira, na que os termómetros ascenderon e superaron os 30 graos en diversas localidades galegas.

Así, segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, como os dous anteriores, na tarde desta segunda feira o municipio de Castrelo de Miño alcanzou os 36,2ºC e o de Arnoia, os 35,8ºC.

En localidades de montaña, esta segunda feira as temperaturas subiron até os 29,3ºC en Vilariño de Conso e os 28,7ºC de Navia de Suarna, mentres que en Maceda e San Xoán de Río acadaron os 28ºC.

Nas primeiras horas desta terza feira alcanzáronse valores de 26,1ºC en Vigo ás 2:10 horas; 26ºC nas Neves ás 9:00 horas; 25,7ºC en Tui ás 2:10 horas; 25ºC en Fornelos de Montes ás 6:10 horas e 24,8ºC en Cuntis ás 8:00 horas, todas elas no sur da Galiza..

Parte da provincia de Ourense terá este martes aviso amarelo por calor nunha xornada na que se esperan temperaturas superiores aos 36 graos centígrados. En concreto estará activado entre as 15:00 e as 21:00 horas deste martes na zona do Miño en Ourense e na área de Valdeorras.