Oubiña e a produtora de ‘Fariña’ vense esta quinta feira no xulgado por unha escena de sexo

Laureano Oubiña presentara unha demanda contra Atresmedia e Bambú Producciones por millón e medio de euros por “dano moral”.

O narcotraficante Laureano Oubiña, Atresmedia e Bambú Producciones -produtora da serie "Fariña"- veranse as caras esta quinta feira, 19 de abril, nun acto de conciliación. Iso é o que solicita o Xulgado de Instrucción número 3 de Pozuelo de Alarcón.

 

O acto de conciliación chega como consecuencia da demanda presentada por Laureano Oubiña, que reclama un millón e medo de euros de indemnización por unha escena de sexo na serie ‘Fariña’, por parte de actores que o representan a el e a súa segunda esposa., Esther Lago.

 

Laureano Oubiña considera que esa escena, emitida no primeiro capítulo da serie, prodúcelle “dano moral” a el e a súa familia e por iso interpuxo unha solicitude de conciliación con Bambú Producciones e  Atresmedia, na que pide expresamente que recoñezan una “intromisión no seu honor” e pide “una rectificación no seguinte capítulo que emita após o acto de conciliación”.

 

O representante legal de Oubiña, Álvarez de Mon asegura que este non ten obriga  legal  de acudir ao acto de conciliación. O avogado confirmou a "rabia" de Oubiña coa escena na que aparece coa súa esposa falecida, Esther Lago, nunha posición de contido sexual que "dá lugar a cachondeo".

 

Carlos Blanco, actor que interpreta Laureano Oubiña na serie, afirmara ao se coñecer a demanda presentada polo narco: "Non ten moito sentido o que fai pero vennos ben".