25-N

Estas son as mobilizacións convocadas polo feminismo galego para o 25-N

Manifestación en Vigo polo 25-N (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
Cidades e vilas de todo o país acollerán numerosas manifestacións e concnetracións.

Organicémonos contra as violencias machistas! A nosa loita é pola vida! é a palabra de orde da Marcha Mundial das Mulleres para este 25 de novembro na Galiza. As mobilizacións decorrerán en varias cidades e vilas, cuxo número vai aumentando a medida que se achega a xornada na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia Machista.

“Desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos que  este 25N encha as rúas de feminismo e reivindicación para construír un movemento forte capaz de enfrontar as políticas reaccionarias e continuar a gañar dereitos para as mulleres.  Precisamos máis organización, máis debate e unha axenda combativa para facer fronte ás violencias machistas e nese obxectivo traballamos cada día dende a marcha!”, indican as convocantes.

O manifesto do 25-N recolle que esta é unha data “para seguir loitando, día a día, até erradicar calquera tipo de violencia machista”. Tamén chaman á mobilización outros colectivos como Feminismo Unitário Vigo, Asociación Area Loura, Mulleres de Raíz, Asamblea Aberta Feminista de Compostela, Plataforma Feminista Galega ou Plataforma Feminista de Lugo, que precisamente hoxe chama a actuar fronte aos "silencios cómplices" coa violencia machista.

Lugar e hora:
- A Coruña, Obelisco, 19 horas
- As Pontes, praza do Hospital, 18:30 horas
- Ames, praza do Concello, 12 horas
- Betanzos, palco da Música, 18:30
- Carnota, praza da Pedra, 19 horas
- Catoira, alameda do Concello, 20 horas
- Cee, praza 8M, 20 horas
- Compostela, praza 8m, 20 horas manifestación; 21:30 ruada praza Praterías
- Ferrol, praza do Himno, 19 horas
- Lalín, praza da Igrexa, 12:30 horas
- Lugo, multiusos da Xunta, 20 horas
- Monforte, praza de España, 17 horas
- O Porriño, diante do Concello, 20 horas
- Ourense, 12:30 horas, acción Paseo-Concordia; 19:30 horas manifestación Subdelegación
- Padrón, praza de Macías, 20 horas
- Ponteceso, praza do Recheo, 13 horas
- Pontedeume, praza do Concello, 12 horas
- Pontevedra, praza de Ourense, 12 horas
- Rianxo, praza de Padrón, 12 horas
- Ribadavia, praza Maior, 20 horas
- Ribadeo, praza 8 de marzo, 19:30 horas
-Sarria, Montecarlo (Rúa Diego Pazos, 1), 19.30 horas ('Versos libres contra a violencia machista', organizado por Mulleres de Raíz) 
- Val Miñor, cruce da Ramallosa, 20:30 horas
- Vigo, Vía Norte/Urzáiz, 20 horas
- Vilagarcía, praza de Galiza, 12 horas
- Vilalba, praza da Constitución, 18:30 horas