Recoñecemento da ONU ao monte comunal de Couso pola súa xestión: eliminación de eucaliptos e diversificación de usos

bosque fraga monte

O “Monte Veciñal en Man Común de Couso” en Gondomar vén de ser declarado ICCA (Áreas Conservadas por Comunidades Locais).

A ONU recoñece e distingue o traballo feito no monte comunal de Couso, en Gondomar, que pasa ser incluído no Rexistro Internacional de ICCA, Áreas conservadas por comunidades locais.

A ICCA do “Monte Veciñal en Man Común de Couso” é unha entidade de xestión comunitaria, que impulsou un ambicioso proxecto para eliminar especies invasoras como o eucalipto ou a acacia do seu territorio. A comunidade estableceu convenios con Verdeval, unha asociación de custodia do territorio para a recuperación de espazos degradados, e coa Universidade de Vigo, para a eliminación de especies invasoras.

Ademais, é pioneira na diversificación dos usos do monte, para cultivar produtos que teñen alta demanda no mercado, como frambuesas, arandos ou cogomelos da variedade Shiitake, produtos con maior valor engadido que os produtos forestais tradicionais.

Hai máis de cinco anos que a comunidade de Cousoempezou a substituír gradualmente a súa masa forestal de especies pirófilas (que facilitan e benefícianse da propagación do lume) por especies como carballos ou castiñeiros. A comunidade de Couso avalía comezar a colleitar e comercializar castañas en breve, que son moi demandadas como produto galego de calidade.

O Rexistro Internacional de ICCA é un rexistro voluntario a nivel mundial de áreas ou territorios que cumpren as características que definen unha ICCA, xestionado por Nacións Unidas Medio Ambiente (UNEP-WCMC). No Estado, o acceso ao Rexistro Internacional de ICCA está facilitado pola asociación Iniciativa Comunales