A Oficina Técnica da Seca activa a prealerta por escaseza de agua en vinte municipios
A Xunta da Galiza activou esta quinta feira a situación de “prealerta por escaseza moderada de auga” nos sistemas do río Lérez e do río Grande. Así o acordou a Oficina Técnica da Seca, que estivo presidida polo director de Augas da Galiza, Roi Fernández.
A declaración de prealerta afecta as concas do Lérez e a ría de Pontevedra e a do río Grande, ría de Camariñas e Costa da Coruña até o río Anllóns. A maiores, acordaron activar a aplicación de medidas equivalentes a un escenario de prealerta -pero sen chegar a declarala- no subsistema de Baiona, na unidade territorial río Verdugo da que se abastece a poboación. Os membros da Oficina Técnica da Seca constataron “un importante descenso do caudal circulante” nestes ríos desde mediados do mes pasado. No caso de Pontevedra e do subsistema de Baiona valoraron “o aumento de poboación que experimentan durante o verán os concellos que dependen dos encoros destas zonas”.
Concello afectados
Os 20 concellos afectados son Barro, O Campo Lameiro, Cerdedo Cotobade, Pontevedra, Ponte Caldelas e Poio (comarca de Pontevedra); Marín e Bueu (O Morrazo), A Estrada e Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes), Meaño e Sanxenxo (O Salnés), Moraña (comarca de Caldas), Laxe e Cabana de Bergantiños, Zas e Camariñas (Terra de Soneira), Muxía (comarca de Fisterra) e Vimianzo (Xallas); ademais de Baiona (comarca de Vigo).
Nestes municipios, recoméndase realizar un uso “máis responsábel” da auga, evitando as actividades que maior consumo xeran: enchido de piscinas, rego con auga potábel... Piden aos Concellos afectados “que minimicen os consumos municipais de auga non esenciais”, como o baldeo de rúas. A ocupación actual dos encoros de abastecemento en Galiza-Costa sitúase en 84,32%, un 7,19% menos que hai un ano.
Celulosa de Ence
A pesar de que esta cuarta feira o Concello de Pontevedra demandou á Xunta a paralización da captación de auga do Lérez pola celulosa de Ence -51,8 millóns de litros de auga ao día-, dada a posta en risco do abastecemento á poboación, a Xuntanon tomou decisión algunha ao respecto.
O encoro de Portodemouros, no río Ulla, está a 38,47% da súa capacidade, logo de que Augas da Galiza autorizara á enerxética Naturgy -concesionaria do encoro- a baixar o caudal para acometer obras na presa nestes mese