A oferta de prazas de Educación: 747 para Infantil e Primaria, 781 para Secundaria e 363 para FP

Publícase a oferta de prazas anunciadas pola Consellaría de Educación (Xunta)
CIG publica as prazas presentadas ás organizacións sindicais ao comezo da mesa para a súa negociación.

CIG vén de publicar as prazas das oposicións repartidas por especialidades tal cal foi presentada ás organizacións sindicais ao comezo da mesa sectorial pola Consellaría de Educación, polo que a central pide que se tomen “co debido coidado debido á rapidez coa que as colgamos”.

No que respecta a prazas de ingreso a distribución é a seguinte: Son 747 prazas para Infantil e Primaria (52 reservadas para persoas con discapacidade), 781 para Secundaria (55 para persoas con discapacidade), 363 para profesorado técnico de Formacuión Profesional.