Novo foco de Covid: 7 positivos en Cedeira

Soben a 16 os casos relacionados cun campamento en Cerdido.

A área Sanitaria de Ferrol detectou un novo brote de Covid-19 no concello de Cedeira con sete casos positivos con orixe nun núcleo familiar, mentres que aumentan a 16 os relacionados cun campamento de Cerdido.

Segundo informaron por parte da área Sanitaria de Ferrol, a orixe do foco de Cedeira enmárcase nun núcleo familiar e analízanse os conviventes destes casos positivos.

Mentres, o de Cerdido aumenta a 16 casos, ao sumarse un máis relacionado, indicaron as mesmas fontes.

Tres dos positivos son monitores, dous menores e 11 contactos dos anteriores.

Este é un surto identificado na área Sanitaria de Ferrol no 'Campamento de Verán 2020' q. Ademais, por parte da área ferrolá considérase "pechado" un brote con tres casos relacionado con conviventes desprazados nun coche a Ferrol desde Valencia.