O músico Roi Vázquez denuncia "abuso de autoridade" por parte dun policía local

[Imaxes: Riobó Prada]
O veciño de Compostela asegura que pode identificar o axente que lle rompeu varias falanxes e pide ao Concello que colabore no esclarecemento dos feitos


O músico e luthier Roi Vázquez vén de presentar nos xulgados a correspondente denuncia contra un policía local polas lesións que o axente lle tería causado en plena rúa na madrugada do 10 de xaneiro, fracturándolle varias falanxes que lle impedirán desenvolver o seu traballo durante arredor de catro meses.

Sermos Galiza tivo acceso ao escrito da denuncia e procurou a valoración do avogado da defensa. A información completa sobre este asunto téndela no número 33 do Sermos Galiza en papel, nos vosos quiosques desde a sexta feira, 1 de febreiro.