O I.E.S. García Barbón de Verín premia os seus mellores blogs

A V edición do Premio de Blogs escolares “Barbón Blog” procura recoñecer o interesante traballo realizado polo alumnado da asignatura optativa de TICs

O I.E.S García Barbón de Verín organizou a través do seu Departamento de Orientación a quinta edición do Premio de Blogs escolares “Barbón Blog”. O certame procura recoñecer o interesante traballo realizado polo alumnado da asignatura optativa de TICs (1º de Bacharelato) durante o curso académico 2011/2012.

Na segunda quincena do mes de Maio os mozos e mozas levaron a cabo unha avaliación dos blogs dos seus compañeiros en base a distintos criterios. Complementariamente, solicitouse a opinión e valoración de distintos profesores e doutros alumnos premiados en edicións anteriores.

O día 31 de maio rematou a difícil tarefa avaliadora e entregáronse os premios desta quinta edición que foron para:

1º Premio para Marta Gago Afonso (tableta dixital) polo seu blog
2º Premio para Helena González Moreira (libro electrónico) polo seu traballo
3º Premio para Mónica Reigada Feijoó (MP5) co blog
4º Premio para Manuel López Cid (memoria usb de 16 xb) que é autor do traballo

5º Premio para Alba Rúa Limia (memoria usb de 8 xb) polo seu blog
6º Premio para Iris Justo Rodríguez (memoria usb de 4 xb) coa bitácora
Un premio especial (7º) para María Isabel Villamarín Alonso polo seu blog