O feminismo galego mobilízase en sinal de condena ao asasinato de Cristina Cabo

Máis de un millar de persoas mobilizáronse en Lugo polo feminicidio de Cristina Cabo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Até 32 foron as mobilizacións que diversas plataformas feministas convocaron onte en resposta ao asasinato en Lugo de Cristina Cabo.

Até 32 foron as mobilizacións que diversas plataformas feministas convocaron onte en resposta ao asasinato en Lugo de Cristina Cabo.

Imaxe da concentración esta quinta feira en Lugo (Foto: Nós Diario).

A principal destas concentracións tivo lugar precisamente na cidade da muralla, onde a Plataforma Feminista de Lugo, á que ademais estaba vinculada a vítima, foi a encargada de a convocar.

"É necesaria unha resposta"

"As últimas informacións que coñecemos esta mesma quinta feira mesmo parecen indicar que o asasinato pode ter tinguiduras machistas e, por tanto, entendemos que é necesario dar unha resposta colectiva a este crime", trasladan.

Ademais, na noite da cuarta feira o detido e principal sospeitoso de ter cometido o asasinato confesou ter cometido o crime na madrugada do domingo durante un interrogatorio.

O detido preparaba a fuxida

O detido preparaba a súa fuxida no momento en que foi arrestado, e nun rexistro que se realizou posteriormente no seu domicilio acháronse varios efectos da vítima, incluído o seu computador portátil.

Tras o avance de dilixencias e a toma de declaración, o detido pasará a disposición xudicial