O coronavirus contado ás crianzas

As escolas Semente difunden un conto sobre o coronavirus.
Semente Trasancos difunde un vídeo coa historia do coronavirus. Un conto que lles explica ás crianzas o que está a pasar.

A Comisión Pedagóxica das Escolas de Ensino Galego Semente Trasancos veñen de compartir nas súas redes sociais o conto do coronavirus. Unha historia debuxada e narrada por Lara Soto.

O conto, dirixido ao alumnado da Semente, explícalles ás crianzas por que tiveron que pechar as súas escolas. A aventura comeza comeza coa presentación do protagonista, “un bechino moi pequeniño”, con tantas puntas ao seu redor que semella vestir unha coroa.

As aventuras do coronavirus comezan na cidade chinesa de Wuhan e desde alí, o relato esténdese ata o pé das nosas casas, onde as medidas de hixiene e confinamento son a mellor solución para acabar con el e lograr que as escolas se volvan encher de nenos e nenas.