O comité inter-empresas de La Voz de Galicia convoca unha manifestación o domingo 7 de Xullo

mani la voz

Continúan as mobilizacións das traballadoras/es de La Voz de Galicia. Non só está previsto iren á folga o 10 de Xullo: o domingo 7, convocan unha marcha na Coruña, apartir das 12 horas, contra os planos de cortes salariais que prepara a empresa e a inaplicación do actual convenio colectivo.

 

A representación das traballadoras/es de La Voz de Galicia manteñen o pulso coa empresa. O domingo 7, chaman a participar nunha manifestación que terá como ponto de partida o Obelisco, na Coruña. Denuncian que a empresa teima en inaplicar o actual convenio colectivo e tenciona recortar os salarios nun 15 por cento e os complementos nun 66 por cento (o que nalgúns casos pode resultar na perda do 50% das retribucións para algunhas traballadoras/es).

O Comité alega que desde 2008 o cadro de persoal reduciuse en 120 traballadoras e traballadores (só en 2012, afirman, houbo 41 despedimentos en La Voz de Galicia, 63 en todo o grupo de comunicación da empresa con base en Sabón).