A Asemblea de traballadoras/es da Voz convoca folga para o 10 de Xullo

A Asemblea de Traballadoras/es de La Voz de Galicia, reunida hoxe, aprobou un novo calendario de mobilizacións que contempla a convocatoria dunha folga para o 10 de Xullo.

 

A Asemblea de Traballadoras e Traballadores de La Voz considera que a das mobilizacións é a única vía "que queda para que a empresa se decida a negociar de boa fe dunha vez por todas e abandone o camiño dos feitos consumados".

As traballadores e traballadores aprobaron, a proposta do comité de empresa, a realización de diversas accións de presión -incluíndo unha folga o 10 de Xullo- após a empresa ter "pechado" a mediación en Madrid e ter recorrido á Comisión Consultiva Nacional (sic) de Convenios Colectivos, un órgao que, segundo a Asemblea, "podería emitir unha resolución vinculante a mediados de xullo sobre a inaplicación das condicións salariais pactadas no actual convenio colectivo".

A Asemblea de Traballadoras e Traballadores fala de "agresións aos direitos laborais" e de que a empresa non ofrece "garantías claras de mantemento de emprego", o que impediría que se chegase a un acordo "sobre medidas salariais".