A Xunta limita as xuntanzas en terraza a máximo de 10 persoas e estende obriga PCR a locais de lecer nocturno de toda Galiza

Campaña de cribados na xente moza en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)

Limitará a 10 o grupo de persoas non conviventes que poden ocupar un espazo nas terrazas de hostalaría. No interior da hostalaría ese número será de 6.

Ademais, recoméndase que no ámbito xeral e privado se manteñan estes grupos: non máis de 10 no exterior e 6 no interior. Isto é, lembrou Comesaña, unha recomendación mais de seguir a empeorar a situación valorarase que sexa obrigatoria. 

O nivel de contaxios mudou, sinalou o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, e atinxe sobre todo á xente nova. Por iso, anunciou esta cuarta feira, vaise limitar a 10 o grupo de persoas non conviventes que poden ocupar un espazo nas terrazas de hostalaría. No interior da hostalaría ese número será de 6.

Ademais, recoméndase que no ámbito xeral e privado se manteñan estes grupos: non máis de 10 no exterior e 6 no interior. Isto é, lembrou Comesaña, unha recomendación mais de seguir a empeorar a situación valorarase que sexa obrigatoria

Estas medidas comezarían a se aplicar a partir da noite da sexta feira a sábado, é dicir, dos días 16 a 17.

E unha medida máis: estanderase a obriga de PCR para locais de lecer nocturno a toda Galiza. A medida empezaría a se aplicar a partir da noite da vindeira terza feira á cuarta feira, do 20 a 21 de xullo. Así, as probas negativas para acceder a estes locais serán obrigatorias para todos os concellos onde se permite a súa apertura e non só nos de nivel medio, como até o de agora.

Concellos

A Consellaría de Sanidade informa que Ourense, Barbadás, Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía, Vilanova e O Barco de Valdeorras ficarán  no nivel alto de restricións, despois de analizar os datos polo miúdo coas expertas e expertos do Comité Clínico que asesoran á Xunta sobre a evolución da Covid-19 no país.

Outros municipios con incidencias altas que van a restricións de nivel medio son Culleredo, Porto do Son, Carballiño, Sarria, A Pobra, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Boiro, Ribadavia, Sanxenxo e Poio (os tres últimos sometidos a unha "vixiancia especial")​. 

O paso ao nivel alto de risco implica, entre outras prohibicións, o fechamento do consumo no interior da hostalaría e que a capacidade das terrazas fique ao 50%. Ademais o lecer nocturno permanecerá sen actividade e a superficie para cada usuaria nas praias será de 4 metros cadrados. No entanto, as normas da Xunta son moito máis amplas.

Pola súa banda, o nivel medio-alto de restricións supón que os lugares de culto estean ao 75% da súa capacidade e que os velorios só poidan xuntar a dez persoas, vivan na mesma casa ou non. Nos parques acuáticos só se podería atender ao 50% da xente para a que están preparados. Respecto da hostalaría, no interior poderá ocuparse só un 30% cun máximo de seis persoas por mesa. Non haberá servizo na barra e, ademais, as terrazas estarán tamén ao 50%.

As autoridades sanitarias estaban en alerta

Estas medidas chegan despois de que na mañá desta terza feira o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, advertira de que o incremento “explosivo” das persoas infectadas polo virus requiriría “modelar” as restricións segundo a situación de cada concello.

O representante, que fixo un chamamento para que se incremente a participación da mocidade nos cribados que se realizan en distintas localidades, recoñeceu que neste memento “calquera agrupación de persoas preocupa”. De feito, chegou a afirmar que nos concertos as medidas de seguridade e a capacidade controlada “dá máis garantías” que as xuntanzas de persoas nas rúas.

Tamén na segunda feira o especialista en medicina intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Pedro Rascado, alertaba de que a incidencia a 14 días e, especialmente, a 7 días era como para “comezar a estar preocupados”.

Aínda que non fixo nunha referencia específica ás medidas de restrición que se poderían tomar, o facultativo si declarou que a pesar de que boa parte das e dos enfermos sexan mozos á vista das cifras “non se pode minimizar o problema”.

De feito, outras expertas na materia tamén viñan advertindo de que a mocidade podía levar o virus a xente con un maior risco de padecer os síntomas da Covid-19. Por exemplo, no regreso da crise sanitaria alén dos muros das residencias de maiores sábese que o foco do centro García Hermanos de Betanzos xurdiu a partir dunha persoa positiva no cadro de persoal.