O Barrio de San Pedro realiza unha mostra de Urban Knitting

No 'Día do barrio' a Asociación de veciñas e veciños do Barrio de San Pedro reivindicaron melloras na zona. Nesta xornada, ademais, colocaron sinais, realizaron traballos de limpeza e repuxeron elementos públicos.

O Barrio compostelán de San Pedro decidiu acollerse hoxe ao denominado movemento Urban Knitting. Esta expresión artística social, tamén denominado como guerrilla knitting ou graffiti inofensivo, reivindica os espazos públicos como forma de expresión. Consiste en cubrir o mobiliario urbano con tecidos realizados coa técnica do ganchillo  Comezou en 2005, despois de que dúas mulleres fundaran o grupo Knitta de Houston (Texas). Sete anos despois hai grupos por todo o mundo e na Galiza xa se fixeron algúns encontros.

O Urban Knitting consiste en cubrir o mobiliario urbano con tecidos

O barrio para a xente
No caso deste barrio de Compostela a actividade de Urban Knitting complementou outras de mellora que realizaron as propias veciñas e veciños a través da asociación A Xuntanza. Algúns dos traballos foron a colocación de sinais informativos, a limpeza e posta en valor de varias zonas, repoñer elementos públicos e elaborar e instalar Caca Cans.