"Nunca tal se vira", Viveiro fai balanzo após a riada

Imaxe: Iván Pena

Oitenta litros en apenas dúas horas xeraron unha xigantesca riada que anegou casas, baixos e locais, destrozou vehículos e provocou a morte dunha muller na Xunqueira.

O río Xunqueira, afluente do Landro, desbordou e xerou o caos neste histórico barrio situado na entrada de Viveiro: anegou casas, levou vehículos e acabou coa vida de Amparo Berdeal, de 82 anos de idade. "Nunca tal se vira", recoñece a veciñanza, unha frase que se repite por todo Viveiro. 

 

Os oitenta litros caídos en apenas dúas horas afectaron outros puntos desta localidade da Mariña, como partes do centro, onde comercios e locais fan agora balanzo dos danos. gúns locais xa anunciaron que fecharán varios días.


O concello xa anunciou que habilitará unha oficina para atender estes danos, que poden ser cuantiosos. Mentres, a localidade tenta recuperar a normalidade.

 

Hai veciños que apontan a falla de limpeza do río como un factor determinante na forza da riada, outros indican que a cantidade de auga caída en tan pouco tempo foi algo "nunca visto".