O número de contaxios en Pontevedra descontrólase a pesar das restricións impostas

Unha sanitaria realiza unha proba de coronavirus a alguén nun coche. (Foto: Europa Press)
O ritmo de contaxios a nivel do país segue a baixar grazas ao cambio de sentido da curva en Compostela, Lugo e na área da Coruña e Cee. No entanto, nas últimas 24 horas houbo que lamentar 8 novos falecementos.

O ritmo de contaxios polo coronavirus na Galiza continúa a baixar (reducíronse en 17 con respecto ao día anterior), mais aínda está o número de casos novos está por encima dos 200. Concretamente, nas últimas horas se detectaron 209 pacientes positivos por Covid-19.

A Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellaría de Sanidade, indicou coas cifras de última hora deste domingo que os casos activos están en 4.264, dos que a maioría continúan a circunscribirse á área sanitaria da Coruña e Cee.

O número de persoas curadas aumentou en 218 chegando ás 15.440 desde que apareceron as primeiras pacientes desta crise santiaria, se ben tamén houbo que lamentar oito falecementos en só 24 horas. Os tres últimos falecidos eran dous homes de 88 e 79 ingresados no hospital de Verín e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Igualmente finou unha muller de 75 anos que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Os tres tiñan patoloxías previas. Ademais, tres das vítimas, entre elas esta muller residente en Os Gozos, en Pereiro de Aguiar, estaban vinculadas a centros residenciais.

Por zonas de influenza sanitaria, a situación segue a descontrolarse en Pontevedra malia as restricións impostas pola Xunta hai días. O número de positivos creceu en 33 entre o sábado e a noite de onte, alcanzando as 503 enfermas. En Ourense rexistráronse 9 afectadas máis (xa son 482) e na demarcación ferrolá dous até as 186.

A curva está virando de sentido grazas a evolución das curacións e o frenazo dos contaxios en Coruña e Cee, Santiago de Compostela e Lugo. Na primeira das áreas os números caeron en só 7 persoas (1.287) e en Lugo o resultado foi de menos 19 na última xornada. Así as e os doentes están en 795.

En Compostela o descenso foi moito máis acusado pasando de 670 a 640 positivos en tan só 24 horas. En Vigo houbo unha pequena caída de cinco persoas (361).

Fontes da Xunta aseguraron que até o de agora levan practicadas 394.634 probas PCR. Hai 26 persoas na UCI e 221 nas unidades de hospitalización.