O número de casos activos por coronavirus sobe na Galiza até 10.276

Sanitarios realizando unha proba de control polo coronavirus [Imaxe: Álex Zea / Europa Press].
Os casos activos por Covid-19 seguen en aumento no territorio galego.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que na última actualización, no día de hoxe o número de casos activos de coronavirus na Galiza sobe até 10.276, deles 1.886 son da área da Coruña, 1.157 da de Lugo, 1.096 da de Ourense, 1.229 da de Pontevedra, 2.530 da área de Vigo, 1.289 da de Santiago, e 1.089 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 84 están en UCI, 495 en unidades de hospitalización e 9.697 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 29.955 persoas curadas, rexistrándose 976 falecementos. O número de PCR realizadas é de 738.753.

Situación das residencias 

Os casos activos nas residencias de maiores da Galiza suman 43 casos, sendo a máis afectada a día de hoxe a residencia San Cibrao, en Cervo. Por despece, contan cun usuario da residencia Ntra. Sra. de la Asunción (Caldas de Reis), 1 traballador da residencia de maiores de Laraxe (Cabanas), 3 traballadores da residencia de maiores DomusVi Coruña (Oleiros), 20 usuarios e 11 traballadores da residencia San Cibrao (Cervo) e 7 usuarios e 5 traballadores de DomusVi Ribadumia.