Tres novos 'fordistas' en Compostela

Entrega dos vehículos.

Gonzacar acolleu a entrega de tres vehiculos Ford ás persoas agraciadas na promoción 'Gran Aniversario' de El Corte Inglés.

Mónica Sánchez Barral, Begoña Rodríguez Conde e Marcial Rodríguez Suárez recibiron este venres no concesionario Gonzacar de Compostela os seus respectivos Ford Focus Tren Edition 1.0 Ecoboost 125cv, que gañaron na promoción 'Gran Aniversario' do Corte Inglés que tivo lugar entre 25 de outubro e 14 de novembro. No marco desta promoción sorteáronse 40 destes vehículos da marca Ford en todo o estado español entre todas as persoas inscritas na web para participar no sorteo. Deses 40 turismos, tres 'caeron' na capital galega.

 

"Foi unha sorpresa, non mo cría", declarou aos medios de comunicación Mónica Sánchez, unha das agraciadas, durante a entrega do vehículo: "Preguntei ao meu marido se sería unha broma e chamamos ao Corte Inglés para asegurarnos que era verdade", comentou rindo.

 

No acto de entrega estiveron presentes Marcial Castro, xerente de Gonzacar, Mario González, director comercial, Ricardo Arias, xefe de ventas do concesionario en Santiago e Pati Blanco, de comunicación, marketing e relacións institucionais de El Corte Inglés Galiza-Asturies.

 

Gonzacar, que acolleu o acto de entrega das chaves dos tres vehículos, é o concesionario oficial de Ford en Compostela, A Coruña, Ferrol, Carballo e Ribeira. En 2018 celebrou o seu 25 aniversario. É o concesionario de Ford máis laureado de Europa: recibiu dez veces seguidas o 'Chairman`s Award', premio europeo que se concede en base ás opinións das e dos clientes, que valoran servizos como o de taller ou o de venda.