Cinco novos falecementos elevan a 2.504 as vítimas mortais da Covid na Galiza

Acceso a un centro de saúde (Foto: Nós Diario).

Sanidade informou de cinco novas mortes con Covid-19.

As autoridades sanitarias informaron de cinco novos falecidos diagnosticados con Covid-19, co que se elevan a 2.504 as vítimas da pandemia no territorio galego.

Un dos casos rexistrouse onte, terza feira 10 de agosto, en concreto o dun home de 77 anos que se atopaba ingresado no Hospital de Lugo.

Os outros catro decesos déronse esta mesma cuarta, 11 de agosto. As mortes corresponden a tres homes de 89, 86 e 80 anos de idade que se atopaban no Hospital Comarcal de Verín, o Complexo Hospitalario de Pontevedra e no da Coruña, respectivamente.

O primeiro deles, o que se rexistrou no Comarcal de Verín, era un caso que procedía da residencia de maiores Val de Monterrei.

O cuarta das mortes foi a dunha muller de 62 anos de idade, e que se atopaba ingresada no  Complexo Hospitalario da Coruña. Todas e todos eles, segundo afirma a Consellaría de Sanidade, presentaban patoloxías previas