Semana de aumento constante dos novos contaxios rexistrados

Unha muller participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar casos positivos de coronavirus (Rosa Veiga - Europa Press).
Aumentaron até os 225, tras principiar a semana con 103

Os novos contaxios de Covid-19 aumentaron até os 225 na Galiza, tras principiar esta semana con 103, mentres que os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus descenderon a 197, tres menos que a xornada anterior. Pola súa banda, por segunda xornada consecutiva soben os casos activos até os 3.072.

Segundo os datos actualizados na mañá desta quinta feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta cuarta feira, seguen 48 pacientes Covid en UCI , mentres que os ingresados noutras unidades de hospitalización descenden a 149, tres menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres: Ourense, Santiago e Barbanza e Lugo; mantense nas da Coruña e Cee e Ferrol e aumenta nas Vigo e Pontevedra-O Salnés.

En relación aos casos activos de Covid-19 aumentaron por segunda xornada consecutiva no conxunto da Galiza até os 3.072, que supoñen 11 máis, ao haber máis contaxios (225) que altas (213), ao que se engade unha vítima mortal máis.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Vigo (-16), Ourense (-8) e Lugo (-7), mentres que aumentan nas da Coruña e Cee (+17), Pontevedra e O Salnés (+15), Santiago e Barbanza (+9) e Ferrol (+1).

En canto aos novos contaxios de Covid detectados con calquera tipo de proba volveron a repuntar por riba dos 200, até os 225; tras iniciarse esta semana con 103; aumentar a 125 a terza e subir a 189 a cuarta.

Galiza confirmou 197 positivos por PCR nas últimas 24 horas, dos que 61 corresponden á área de Vigo; 50, á da Coruña; 38, á de Pontevedra e O Salnés; 24, á de Santiago e Barbanza; 13, á de Ourense; oito, á de Lugo; e tres, á de Ferrol.

Desde o inicio da pandemia faleceron 2.392 persoas diagnosticadas de Covid-19 edespois de notificar a Consellería de Sanidadeesta cuarta feira unha nova vítima. En concreto, trátase dunha muller de 93 anos que morreu o pasado 3 de maio no seu domicilio do concello das Pontes e presentaba patoloxías previas.