Tres novos concellos en nivel de alerta máxima pola pandemia

Son 36.

A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana baixaron hoxe a 36, un menos que onte, xornada respecto da cal se produce o ingreso no grupo de concellos en aviso máximo de Burela, Porto do Son e Nigrán e a saída de Vimianzo, Ordes, Tui e Salvaterra de Miño.

Así figura no mapa 'semáforo' que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanidade, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello

.Respecto a esta terza feira, prodúcense as novidades do ingreso da localidade de Burela no grupo de concellos en alerta máxima, no que tamén entran Porto do Son e Nigrán.

Por contra, saen do 'vermello' os concellos de Vimianzo e Ordes -ambos en 'laranxa' agora, segundo escalafón de alerta- e Tui e Salvaterra de Miño, que tamén pasan ao 'laranxa'.

En aviso máximo pola incidencia do coronavirus están, logo, A Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Nigrán, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

Tamén Ferrol, Narón, Pontedeume, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, A Laracha, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Cabana, Boiro e Porto do Son.

Lugo, Sarria, Burela, Vilalba e Xinzo de Limia  completan esta listaxe.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 112- e Vigo -máis de 332-.

No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai hoxe un total de 23 concellos -un máis-.