Novos casos activos nas áreas da Coruña, Vigo e Santiago

Realización de probas do coronavirus en Burela (Imaxe: Carlos Castro / Europa Press)

O número total de casos é de 180, dous máis ca onte.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta cuarta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 180, 2 máis ca onte.

Deles 37 son da área da Coruña (6 máis), 98 da de Lugo (8 menos), 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 20 da área de Vigo (2 máis), 11 da de Santiago (2 máis), e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 172 no domicilio, non habendo ningún en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.131 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 236.787.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza non hai ningún vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade.