O novo Superman é bisexual

Imaxe da nova banda deseñada de Superman. (Foto: DC Comics)

A factoría de banda deseñada DC Comics anuncia que o novo superheroe terá unha relación homosexual na nova entrega das súas aventuras. Esa trama estará integrada no quinto libro da serie ‘Superman: Fillo de Kal-El’ e o tema da bisexualidade de Superman orixinal está provocando múltiples reaccións.

Superman é bisexual. O fillo de Clark Kent, que toma o relevo do seu pai no negocio dos superheroes, terá unha relación homosexual no novo libro da serie ‘Superman: Fillo de Kal-El’ mais comunicouse a súa bisexualidade.

DC Comics anunciou esta semana esta adaptación á realidade social a través da banda deseñada.

“Debe ser actual, perderíamos unha oportunidade se substituísemos a Clark Kent por outro salvador heterosexual branco”, declarou o escritor da serie, Tom Taylor, á BBC.

Quen será o namorado de Kent? Como o seu pai, terá un vínculo cun xornalista

A creadora de banda deseñada máis recoñecida xunto a Marvel, non quixo dar moitas pistas sobre como será esa trama da historia, pero avanzou que Jon Kent terá unha relación con Jay Nakamura.

Quen será o namorado de Kent? Como o seu pai, terá un vínculo cun xornalista. Neste caso Jay.

O mozo, que segundo as imaxes que se foron adiantando ten cabelo rosa e lentes, apoiará Superman ante o seu “esgotamento mental e físico por tentar salvar á xente”.  

O volume estará na rúa este mes de novembro e sábese que o protagonista seguirá a enfrontarse aos problemas para salvar á xente. En entregas anteriores o fillo de Clark Kent actuou en casos de incendios forestais, estivo pelexando contra a deportación de refuxiados e mesmo evitou tiroteos nas escolas.

A nova está a xerar debate na sociedade pero a maior parte do público está a favor deste cambio.