O novo Plan Forestal: sen consenso e “ao ditado dos mesmos intereses que o anterior”

Imaxe: Xan Muras

Organizacións e colectivos avalían  negativamente o borrador da proposta de plano da Xunta. Consideran que cae nos mesmos erros que o anterior, de 1992, e ao que non dubidan en cualificar como “fracaso”.

A proposta da Xunta dun novo Plan Forestal de Galiza non convence a unha parte do tecido asociativo e produtivo en torno aos montes galegos. Varias destas organizacións e colectivos reuníronse en Pontevedra para avaliar ese plano polo miúdo e consideran que este non é o que precisa o país. Unha xuntanza na que estiveron presentes as organizacións que forman parte da Alianza Rural Galega (Organización galega de comunidades de montes, Fruga, Adega, CIG), xunto a Ovica (productores de ovino e cabrún), Sindicato Labrego Galego e Atrifoga (Asociación de Traballadores Forestais de Galiza).

 

A través dun comunicado, estas asociación destacan que o Plan Forestal non naceu do consenso, que foi algo que non se buscou. “ Está feito o dictado dos mesmos intereses que o anterior:  pasta de papel, industria da trituración e a novidade dos cultivos enerxéticos”.

 

De aí, consideran, que no borrador non se concreten cuestión como as especies e superficies necesarias para una “estratexia multifuncionarial” do monte galego. Por que´? “Tal vez non interese”, responden. Con éste novo Plano Forestal, afirman, o uso social dos montes podería ficar “excluido”

 

Tamén critican que o Plan non conteña medidas e estratexias que procuren fixar poboaciópn no rural ou crear emprego nos montes. E tampouco “pretende reorientar os 19 Distritos Forestáis para que sexan impulsores de medidas dinamizadoras, Planos de Distrito, de Comarca, tal e como era o obxectivo en orixen”.

 

Incendios

 

Estes colectivos manteñen que non achega o borrador da Xunta “unha soa medida relativa a ordenación dos montes que limite as grandes superficies  e a súa continuidade con cultivos  monoespecíficos de especies altamente propagadoras do lume como eucaliptos e piñeiros”.