Análise

O novo mapa sanitario, meditado e mal intencionado

[Imaxe: CIG Saúde]

O médico internista Iago Villamil ofrece para Sermos Galiza unha radiografía do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde e debulla as consecuencias que se derivarán do novo mapa sanitario.

No novo modelo de xestión sanitaria da Xunta hai unha teima morbosa na centralización e reforzamento do papel das capitais de provincia, especialmente na desertizada demograficamente zona oriental do país (Lugo e Ourense). É unha medida demoledora para a actividade sanitaria das comarcas afectadas, perdendo servizos cara á súa concentración nos Centros Hospitalarios das grandes cidades. Xa foi iniciada coa implantación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI), sinaladas dende a súa imposición en 2013 como un erro por profesionais; erro constatado polas usuarias e usuarios.

 

Este modelo sempre considerou os centros periféricos (tanto hospitalarios como centros de saúde) das respectivas EOXI como xeradores de gasto no canto de emisores dun servizo sanitario. Isto supón un enfoque nos resultados económicos máis que na xestión dos valores que o sistema di defender. Despois de catro anos fracasados, nunca foron emitidos informes de xestión nin de certificación de mellora con respecto ao modelo previo. As EOXI, embrión das mega áreas sanitarias, non foron sequera quen de coordinar a asistencia entre a atención primaria e a hospitalaria (agás na Área de Ferrol, mais só nominalmente). Para o que si serviron as EOXI foi para desbrozar a desaparición definitiva das Áreas Sanitarias deste anteproxecto.

 

[Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 268, á venda na loxa e nos quiosques habituais]