Novo incremento de contaxios e da presión hospitalaria

(Foto: Europa Press)
A taxa de positividade sitúase en 6,9%.

Galiza detectou nas últimas 24 horas 64 casos de coronavirus máis que na xornada anterior, cun aumento da presión hospitalaria debido ao incremento do número de ingresados, 17 persoas máis. A taxa de positividade sitúase en 6,9%.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade esta segunda feira. Son agora 353 as persoas hospitalizadas con diagnóstico de Covid-19 no sete áreas sanitarias galegas, fronte ás 336 dos datos facilitados o domingo. Deles, 58 atópanse na UCI, o mesmo número que hai 24 horas.

Por áreas, A Coruña-Cee volve ser a que ten maior número de hospitalizados con coronavirus. Hai nestes momentos 83 ingresados -catro máis- dos que 17 están en UCI -uno menos-.

Após a área coruñesa está a de Santiago-Barbanza, onde permanecen ingresadas 78 persoas con coronavirus -dous máis-, sete delas en críticos -sen cambios-.

En canto á detección de casos, Galiza sumou 277 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento respecto da xornada anterior, un total de 64. Tamén se incrementou o número de PCR, con 5.024 máis realizadas.

A de Santiago-Barbanza volve ser a área que reporta máis contaxios de toda a Galiza, cun total de 70 -dous máis que a xornada previa-. A segunda é a de Vigo, con 51 -13 mái-- e a da Coruña-Cee, con 50 casos, 18 máis con respecto ao día anterior.

En canto aos casos activos -persoas que seguen diagnosticadas de covid-19-, Galiza volve presentar unha baixada. Así, Sanidade contabiliza 5.508, 101 menos que o día anterior.

Santiago mantense como a área con maior número de pacientes con enfermidade activa, un total de 1.347 -cinco máis-. Séguelle Vigo, con 1.177 -49 menos-. Após elas, están Pontevedra-O Salnés, con 866 -30 menos- e A Coruña-Cee, con 860 -13 menos-.

Doutra banda, unha xornada máis continúa en aumento o número de vítimas mortais que deixa a pandemia na Galiza após o falecemento dunha persoa máis, cun total de 1.370 falecidos, segundo a última cifra achegada por Sanidade.