Un novo incendio no Parque Natural do Xurés queima 6 hectáreas

Nos últimos catro anos rexistráronse máis de 100 incendios nesa área protexida.

Un incendio forestal rexistrado na tarde do domingo e que quedou extinguido de madrugada calcinou un total de seis hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, concretamente no termo municipal de Entrimo.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, as chamas, orixinadas na parroquia da Pereira, quedaron apagadas ás 00:57 horas desta segunda feira tras queimar seis hectáreas de monte raso.

No seu control mobilizáronse en total dous axentes e tres brigadas, indica Medio Rural.

A área do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés sufriu un total de 112 incendios forestais desde o ano 2016 até novembro de 2020, que afectaron 42.000 hectáreas -36.000 de masas arboradas e 6.000 de monte raso-, das cales, "aproxidamente 9.000 hectáreas" pertencen a áreas protexidas.

A Administración galega cifra en 13 millóns de euros o impacto económico destes 112 incendios forestais que nun 80% (90 lumes) foron intencionados, mentres que o 2,7% (3) producíronse por causas naturais, o 1,8% (2) por queimas autorizadas que se descontrolaron e o 5,3% (6) déronse por reproducións doutros incendios. En oito dosincendios as causas non foron esclarecidas.