Novo expediente sancionador á empresa da mina de Touro: desviou o curso dun regato

A actuación, afirma Aldea Viva, incorre en "posíbel figura delictiva". 

Novo expediente sancionador a Explotaciones Gallegas, empresa que impulsa o proxecto mineiro de Touro-O Pino. Desta volta, o motivo de sanción de Augas de Galicia a esa compañía é por desviar o curso do regato Portapego substraendo as augas públicas, como indica a asociación Aldea Viva achegando acta de inspección.

 

No seu informe Augas de Galicia cualifica as actuacións de Explotaciones Gallegas como posíbel “figura delictiva”, constatando os feitos denunciados pola asociación Aldea Viva.

 

O pasado outono e inverno as augas do rego Portapego cargadas con lodos da mina rebordaron polas rúas do núcleo de Fontedíaz en Touro, despois de que a propietaria da Mina efectuase movementos de terra e desviara parte deste rego.  Aldea Viva defende que o propietario da mina, como causante, é quen ten que restaurar os terreos e resolver a contaminación do Portapego.