Novo desbordamento dunha balsa da mina de Touro

As intensas choivas caídas esta fin de semana provocaron o desbordamento dunha balsa na Corta de Bama na mina de Touro, o que deu lugar a “formación de abundantes escumas e unha secrección leitosa que atravesa sen problemas as insólitas medidas correctoras propostas, consistentes nunha elemental barreira de xeotextil", segundo o colectivo Aldea Viva.

 

A situación en Touro, segúndo denuncia este colectivo,  é manifestamente incompatíbel coaDirectiva Marco da Auga (2000/60/CE), establecida para deter o deterioro do estado das masas de auga en todo o ámbito da UE e conseguir un bo estado dos recursos hídricos.

 

O suceso prodúcese case un mes despois do vertido da balsa de Bama ao río Brandelos. Ademais, nesta fin de semana desde a plataforma ‘ Mina Touro O Pino Non’ denunciáronse tamén vertidos no río Portapego.